Lenda da Lagoa de Santa Cristina ou Lagoa da Feira do Monte

TerraChaXa
Por José A.
18 Xan 2018

Por José A. Folgueira Yañez e Marco A. Fernández

Esta lenda foi recopilada hai cerca de corenta anos  na parroquia de Goá. Contabaa unha señora que faleceu con máis de cen anos no ano 1992.

“ Conta a lenda que a Virxe María presentouse no pobo que estaba situado na lagoa de Santa Cristina, acompañada do neno Xesús, o cal levaba no seu berce. Comenzou a pedir limosna. A xente dáballe  malas contestacións e ata chegou a casa dun zapateiro que estaba amañando calzado e no canto de darlle limosna, arreboloulle a soa dun zapato.

Entón a Virxe dixo: -Antes de que saia o día novo, este pobo quedará sumerxido baixo as augas-.

Despois a Virxe dirixiuse ao alto do monte da Feira do Monte, e alí vivía unha velliña nunha casa moi pobre.

A Virxe pediulle si lle podía dar pousada. E ela contestoulle que só tiña un mendrugo de pan e un feixe de pallas pra compartir con ela. A Virxe dixo que era suficinte.

Despois de compartir o mendrugo de pan e extendelo feixe de pallas no puleiro, dispuxeronse a durmir.

Ao outro día pola mañá, a Virxe dille a vella que se levante que ten que botalo becerro a mamar á vaca. A velliña contéstalle que nin ten vaca nin becerro, ao que a Virxe resposta - é tan certo que vostede ten unha vaca é un becerro como que o pobo está baixo das augas-.

A vella baixa dende o puleiro pola escada e vé que ten vaca e becerro. E abre o póxigo da porta e vé que o pobo estaba todo debaixo das augas, converténdose nunha lagoa. A vella volve subir ao puleiro e xa non había ninguén.

Nese lugar levántase a capela da Virxe do Monte, xusto onde se atopaba a casa da velliña”

0.17957305908203