Lenda da Santa de Cela

TerraChaXa
Por  José A.
16 Mar 2018

Por  José A. Folgueira Yañez e Marco A. Fernández

Conta a lenda que na Igrexa de Cela hai un corpo incorrupto dunha santa enterrada, santa que subiu aos altares. Ao entrar pola porta da igrexa, á túa dereita, na cabeceira da igrexa, ao pé do altar maior alí está. Enterrada ao revés da xente normal, como se enterran aos príncipes e aos reises. Esta xente era gardiá e protectora do Santísimo neste Reino. Ían baixo palio desde a Torre de Cela á Igrexa. Eran chamados os de Cela ou Celenses.

Din que unha vez, estando en presenza do rei, houbo alguén que ousou ameazar a súa casa. Entón ela levántase entre os presentes e di: “Como casa gardiá e protectora do Santísimo neste Reino, e daquela casa que contra a miña casa a espada levante, porque será maldita xeración tras xeración e por cada vida que seguen da miña casa eu segarei dúas da dela”.

Na Torre de Cela teas negras se penduran e no alto da Torre un estandarte negro se levanta cunha Santa Custodia en ouro bordada. Esta é o sinal, acaba de morrer.

Tan pronto isto se ve na parroquia de Cela, empezan tocar as campás de Cela, non tocan nin por home nin por muller, tocan pausediñamente a difunto. Tan pronto isto se escoita nas parroquias do redor, unha tras outra vanse sumando. Nunca tal cousa pasara neste reino nin volverá a pasar. Desde o mar do Norte ao Baixo Miño, desde Fisterra aos Montes de León todo o Reino se postra de rodillas. Acaba de morrer a Madre, a Santa, a Princesa, a Raíña que reinou sen coroa. A Santa chora, chora na fonte da Nosa Señora pola súa casa, polo seu reino.

Quedou na memoria histórica da parroquia que era  algo de San  Martiño.

0.15777993202209