Lenda de Goá
TerraChaXa
Por José A.
17 Ago 2018
Por José A. Folgueira Yañez e Marco A. Fernández
Conta a lenda en Goá, que os moradores do castro desta parroquia adoraban a gran Serpe, e que na porta da entrada do castro había unha gran viga de ouro que representaba á Serpe.
Cando os romanos xa estaban cerca, deciden enterrar a gran viga de ouro. Fano nun lugar chamado as lágoas de Arneiro.
Algúns días dín que se escoita sílvala Serpe e quen siga o silvido atoparía a gran viga de ouro convertíndose inmensamente rico, sempre que acerte o enigma posto pola Serpe.Se non é así a Serpe dévorao.Por iso, ninguén intenta seguilo o silvido da Serpe,para non caer na tentación de resólvelo enigma.