Loboso celebra as festas na honra a San Andrés con verbena, música e actividades para toda a veciñanza

TerraChaXa
As festas contarán cun campo cuberto e haberá colchóns gratuítos para os máis pequenos
festas-loboso
20 Oct 2026

A parroquia de Loboso, en Pastoriza, celebrará os días 24 e 25 de outubro as súas festas na honra a San Andrés cunha programación que combinará actos relixiosos, sesións vermú e verbena con orquestras e grupos musicais.

A primeira xornada terá lugar o sábado 24 de outubro. Os actos comezarán ás 13.30 horas coa misa, seguida da procesión e dunha sesión vermú amenizada pola orquestra Principal. Pola noite, a mesma formación musical volverá actuar na verbena, acompañada dun discómobil. Ademais, a organización anuncia a actuación de EvenTec, co gran Cosmedeejay, para completar a oferta musical.

Durante a verbena do sábado sortearase tamén un camión de leña picada entre os asistentes, unha iniciativa que engade un atractivo máis á celebración.

A programación continuará o domingo 25 de outubro cunha nova misa ás 13.30 horas, seguida da procesión e dunha sesión vermú amenizada polo dúo Belinda.

As festas contarán cun campo cuberto con carpa para garantir o desenvolvemento das actividades e facilitar a asistencia do público. Ademais, haberá colchóns gratuítos para os máis pequenos, grazas á colaboración da veciñanza e dos anunciantes.

 

0.17365384101868