Lois Pérez presenta o seu novo libro cun recital en Vilalba

TerraChaXa
O Iescha organiza a presentacióndo libro Lugo Philadelphia (Xerais, 2023),cun recital a cargo do poeta Lois Pérez e dafotógrafa Alba Díaz.
recital presentacion libro lois perez portada
13 Jun 2023

O Instituto de Estudos Chairegos (Iescha), continuando cos actos programados para este mes de xuño, organiza a presentación do libro Lugo Philadelphia (Xerais, 2023), cun recital a cargo do poeta Lois Pérez e da fotógrafa Alba Díaz, autores do libro, e de Lois Pérez (fillo) en teclados. Poesía, música e humor para unha viaxe de ida e volta a Philadelphia, A Piringalla e a Terra Chá, coa música dos Stones e algunha outra sorpresa.

Será o venres 16 de xuño ás 20:00 h. na Casa da Cultura de Vilalba.

LOIS PÉREZ

(Lugo, 1979) é me s t r e , c o n t ado r de historias, poeta, escritor e guionista. No eido da dramaturxia, gañou en 2008 o Premio de Teatro Radiofónico da Radi o Galega con Saltimbanqui (Xerais, 2008), dirixida e adaptada por Quico Cadaval. Como poeta, publicou LP (2013), Long Play (Xerais, 2017) e Lugo Philadelphia (Xerais, 2023), con fotografías de Alba Díaz. En 2017 gañou o Premio aRi[t]mar ao mellor poema editado en Galicia nese ano por Blues do rei Bergman=B.B. King.

Coordina a Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG e, no eido do ensino público, traballou e promoveu diferentes proxectos de innovación na normalización lingüística do galego na escola, premiados todos eles por organismos oficiais e institucións diversas.

Escribe de rock and roll e literatura nun suplemento cultural. Con A gruta da torre (Xerais, 2022) gañou o V Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade.

recital presentacion libro lois perez
0.16979503631592