Loita pola igualdade no deporte nas Pontes

TerraChaXa
As Pontes acolleu  o vídeo forum  Conquista os elementos organizado pola área de igualdade da Deputación de A Coruña co obxectivo de visibilizar o deporte feminino e as súas protagonistas Máis dun centenar de escolares do municipio participaron neste acto que contou coa presenza de Montserrat García, tenente de alcalde e as deportistas pontesas Malena Mieres, recentemente convocada pola selección española de fútbol sub 19 para disputar o campionato europeo e Cynthia Arias, xogadora de rugby que formou parte da selección galega desta disciplina.
deportefeminino
14 Xuño 2018

As Pontes acolleu  o vídeo forum  Conquista os elementos organizado pola área de igualdade da Deputación de A Coruña co obxectivo de visibilizar o deporte feminino e as súas protagonistas

Máis dun centenar de escolares do municipio participaron neste acto que contou coa presenza de Montserrat García, tenente de alcalde e as deportistas pontesas Malena Mieres, recentemente convocada pola selección española de fútbol sub 19 para disputar o campionato europeo e Cynthia Arias, xogadora de rugby que formou parte da selección galega desta disciplina.

Durante a presentación deste acto, García fixo fincapé na importancia de aproveitar a capacidade de transmisión de valores que ten o deporte para “promover a igualdade e deixar atrás vellos estereotipos e prexuízos entorno a muller.O deporte debe converterse nunha canle de comunicación, nun vehículo de transmisión de valores que garantan a plena igualdade de xénero e promover unha sociedade na que non haxa deportes para nenos e para nenas, unha sociedade máis xusta na que haxa deporte para todos, na que se premie o esforzo, o traballo, a dedicación e non o feito de ser home ou muller”

A continuación proxectouse o documental titulado Contra os elementos, producido pola Deputación da Coruña, composto por catro pezas, cada unha delas identificadas cun elemento da natureza: terra, auga, lume e aire, no que se lles amosou ós asistentes algunha das barreiras contra as que as deportistas teñen que facer fronte no seu día a día e as satisfaccións que a práctica deportiva aportou ás súas vidas.

Tras esta proxección iniciouse unha charla coloquio na que,  baixo o título Ten xénero o deporte?, abordáronse aspectos como a promoción da práctica deportiva en igualdade de condicións, a necesidade de superar as barreiras que dificultan a equidade de xénero no eido deportivo, a educación en igualdade como elemento clave para eliminar os estereotipos que existen entorno á muller e o deporte e a necesidade de impulsar cambios no mundo deportivo, desde a perspectiva de xénero.

CONQUISTA OS ELEMENTOS

É unha campaña impulsada pola Deputación da Coruña para xerar coñecemento e conciencia en torno ó deporte feminino. A campaña celebrará nun total de 23 videoforum, en 23 concellos de todas as comarcas da provincia e ten como eixo vertebrador o  documental " Contra os elementos"

A proxección desta peza está acompañada polos relatos, en primeira persoa, de deportistas femininas, figuras relevantes do eido deportivo, adestradoras e adestradores, especialistas en deporte no eido educativo ou árbitros, a través dos que se creará un espazo de debate e reflexión sobre a necesidade de reivindicar o papel das mulleres no deporte así como fomentar á práctica deportiva entre as mulleres.

0.19497895240784