Loitadores de Vilalba volven do Torneo de Barakaldo con dúas medallas e un cuarto posto
TerraChaXa
Na competición tamén tiveron ocasión de coñecer á bronce olímpica Maider Unda

2 Dec 2024
Esta fin de semana membros do Club Loitas Olímpicas Vilalba viaxaron a terras vascas para participar nun dos torneos de maior nivel nacional para as categorías base.
Ate Barakaldo, e convocados pola Selección Galega, desprazáronse algúns das nosas promesas da categoría U13. Trátase de Jimena García, que acadou o ouro; Héctor Somoza, que regresou coa prata, e Kike Seoane, que rematou nun meritorio 4º posto en menos de 70 kg.
Todos eles xa participaron esta tempada nos Campionatos de España e este torneo supuxo unha magnífica oportunidade de preparación para a próxima tempada 2025, na que xa loitarán na categoría U15. Tamén tiveron ocasión de coñecer á bronce olímpica Maider Unda, sen dúbida unha experiencia motivadora para os deportistas.