Lorenzana convoca a Endesa para facer un seguimento da fase de desmantelamento

TerraChaXa
A conselleira reunirase o martes cos axentes económicos e sociais no seo da Mesa para o impulso da actividade económica das Pontes
laboratorio-ciclo-combinado-endesa
Instalacións de Endesa nas Pontes
8 Xuño 2024

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, vén de convocar unha reunión de traballo no seo da Mesa para o impulso da actividade económica das Pontes. O encontro terá lugar o vindeiro martes 11, as 18 horas, en San Caetano e ao mesmo están convocados os axentes económicos e sociais. Nomeadamente, representantes sindicais, administración local e autonómica e de Endesa.

O obxectivo da xuntanza é abordar o estado no que se encontra nestes momentos o plan de traballo das tarefas de desmantelamento da térmica pontesa que están a piques de comezar, e acadar garantías de continuidade laboral para os traballadores das empresas auxiliares que deberán acometer o cronograma de accións acordado para os próximos meses.

Lorenzana volveu a insistir na necesidade de acompasar as tarefas de desmantelamento da central térmica cos proxectos industriais e enerxéticos nos que se está traballando desde o Goberno galego, logo do peche imposto polo Goberno central o pasado mes de agosto.

0.18070888519287