Lourenzá celebrará o Día das Letras Galegas este venres co grupo Cántigas e Frores e un recital poético de Marina Oural

TerraChaXa | AMariñaXa
O Concello de Lourenzá, en colaboración coa Deputación Provincial, organiza una serie de actos para conmemorar o Día das Letras Galegas este venres, 17 de maio.
16 May 2019

O Concello de Lourenzá, en colaboración coa Deputación Provincial, organiza una serie de actos para conmemorar o Día das Letras Galegas este venres, 17 de maio.
O grupo de gaitas Cántigas e Frores, de Lugo, percorrerá as rúas e os bares de Vilanova a partir das 12 do mediodía. E ás 19:30 horas, no salón de exposicións do Concello, lembrarase a figura e a obra do escritor homenaxeado nesta ocasión, Antón Fraguas. Rematarán os actos cun recital poético a cargo da poetisa laurentina Marina Oural, con poemas de Juana de Ibarbourou, escritora uruguaia con raíces en Lourenzá.

0.13688993453979