Lourenzá continúa co campamento de chefs para cativos

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
19 Aug 2019

O Concello de Lourenzá e o Centro de Formación e Ocio Kativ@s organizan para os meses de xullo e agosto o Campamento Súper Chef. Está dirixido a nenos de 3 a 12 anos en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

O concelleiro de cultura, Manuel Arango, explica que “nesta actividade preténdese contar coa colaboración do comercio local e de profesionais da hostalería. O Concello subvenciona o 50 por cento do prezo da actividade, sendo o coste final para as familias de 55 euros por neno e por mes, cun desconto do 20 por cento a partir do segundo irmán. O prazo de inscrición remataba o 26 de xuño nas oficinas municipais ou na biblioteca”, onde convén chamar para saber se hai vacantes.

Manuel Arango engade que “tal e como aparecía no programa electoral dos socialistas de Lourenzá, as Escolas de Verán e de Nadal son actividades que a concellaría de Cultura pretende poñer en marcha neste novo mandato. A intención da concellaría de Cultura é que estas actividades saian a concurso a partir do vindeiro ano para que todas as empresas, legalmente constituídas, que o desexen, podan presentar o seus proxectos”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17534494400024