Lousada de Abaixo celebra as súas festas esta fin de semana

TerraChaXa
Lousada de Abaixo celebra as súas festas este sábado 29 e domingo 30 de abril con dúas xornadas cheas de música e celebración
festas lousada de abaixo portada
festas lousada de abaixo portada
22 Abr 2024

Lousada de Abaixo celebra as súas festas este sábado 27 e domingo 28 de abril. 

As celebracións darán comezo o sábado ás 13.30 cunha misa solemne e procesión para continuar cunha sesión vermú a cargo do grupo Alba. 

A verbena da noite volverá contar coa actuación do mesmo grupo e tamén da orquestra Los Player's. O domingo a misa con procesión será tamén ás 13.30 e para rematar cunha sesión vermú amenizada polo grupo Jaque.

Dende a organización informan que o campo da festa estará cuberto cunha carpa. Indicaron tamén que as festas en Lousada de Arriba serán o día 8, coa participación de Los Satélites, e o 9 co grupo Kalima.

0.18485689163208