Lousada de Abaixo celebra as súas festas esta fin de semana

TerraChaXa
Contarán coa música de Compostela e Los Adrianos
festa-lousada-de-abaixo-xermade
22 Apr 2026

A parroquia de Lousada de Abaixo, en Xermade, xa ultima os preparativos para celebrar as súas tradicionais festas na honra á Virxe das Dores e ao Santo Cristo, que terán lugar esta fin de semana, 25 e 26 de abril.

A programación festiva arrincará o sábado, cunha misa solemne ás 13:30 horas, seguida da procesión e da sesión vermú, que estará amenizada pola Orquestra Compostela. Pola noite, a festa continuará cunha gran verbena a cargo das orquestras Compostela e Los Adrianos, garantindo unha noite chea de música e diversión.

O domingo, repetirase o programa relixioso con misa solemne, procesión e sesión vermú, nesta ocasión amenizada de novo polo grupo Los Adrianos. Haberá campo cuberto con carpa.

Ademais, xa se anuncian as Festas de Lousada de Arriba, que terán lugar os días 6 e 7 de xuño, con animación musical a cargo das orquestras Fuego e Ritmo.

A organización das festas corre a cargo da Comunidade de Montes de Lousada, coa colaboración do Concello de Xermade.

0.12856817245483