Lousada de Arriba prepárase para celebrar as festas de San Andrés e San Xoán

TerraChaXa
Ademais, anúnciase xa a celebración da Romaría do Goia, prevista para o 1 de agosto, que estará amenizada polo dúo Festa e a charanga Loubán
festas-loiusada-de-arriba
3 Jun 2026

A parroquia de Lousada de Arriba, no concello de Xermade, vivirá os vindeiros días 6 e 7 de xuño unhas intensas xornadas festivas na honra a San Andrés e San Xoán.

O sábado, a festa comezará ás 13:30 horas cunha misa solemne, seguida de procesión e sesión vermú, que estará amenizada pola orquestra Fuego. Pola noite, terá lugar a tradicional verbena, coas actuacións de Fuego e do grupo Ritmo.

O domingo, repetirase o programa matinal con misa, procesión e sesión vermú, de novo co acompañamento musical de Ritmo.

As festas contarán cun campo cuberto con carpa, garantindo así o confort dos asistentes independentemente das condicións meteorolóxicas.

Ademais, anúnciase xa a celebración da Romaría do Goia, prevista para o 1 de agosto, que estará amenizada polo dúo Festa e a charanga Loubán.

0.12765288352966