Luar na Lubre, Milladoiro, Treixadura y Susana Seivane pondrán música á eclipse solar total

GaliciaXa | TerraChaXa | ACoruñaXa | FerrolXa
A Deputación da Coruña organiza catro concertos gratuítos en Valdoviño, Muros, As Pontes e Fisterra para acompañar un fenómeno astronómico que non se repetirá en Galicia ata o ano 2180
luar-na-lubre
5 Aug 2026

A música tradicional galega acompañará a eclipse solar total do vindeiro 12 de agosto cun programa de catro concertos gratuítos organizados pola Deputación da Coruña en distintos puntos da provincia. A iniciativa, denominada 'Os Concertos da Eclipse', busca combinar cultura e divulgación arredor dun fenómeno astronómico que en Galicia non se producía desde 1912 e que non volverá repetirse ata o ano 2180.

A programación contará coa participación de Luar na Lubre, que actuará na praia da Frouxeira, en Valdoviño; Milladoiro, na alameda de Esteiro, en Muros; Treixadura, na contorna do lago das Pontes; e Susana Seivane, no paseo da Calafigueira, xunto á lonxa de Fisterra.

Os concertos comezarán ás 21.30 horas, unha vez rematada a observación da eclipse, coincidindo co solpor para completar a xornada.

Ademais das actuacións musicais, a programación incluirá actividades divulgativas sobre o fenómeno astronómico e recomendacións para observalo con seguridade, así como información sobre a importancia de preservar a calidade do ceo nocturno. Estas accións completan a campaña informativa iniciada antes do verán, que incluíu xornadas divulgativas e o reparto de lentes homologadas nos centros escolares da provincia.

A Deputación habilitou tamén un espazo web con información sobre a eclipse e as actividades programadas para esa xornada.

0.12267994880676