Ludrio comeza as súas festas o sábado

LugoXa | TerraChaXa
Haberá un touro mecánico e  sorteo dunha viaxe en avioneta para dúas persoas
cartel festas lundrio
Cartel
15 Ago 2024

A parroquia de Ludrio en Castro de Rei celebra a fin de semana do 17 e 18 de agosto as súas festas patronais na honra a Santa María. 

O sábado día 17 a xornada dará comezo cunha misa solemne con procesión ás 13.00 para continuar cunha sesión vermú a cargo da orquestra Galilea e a Charanga Louband. 

Xa pola noite, a partir das 23.00, será de novo a orquestra Galilea a encargada de amenizar a noite na que tamén estará a actuación do DJ Alejandro Martínez. 

O domingo, a sesión relixiosa será á mesma hora e, seguidamente, darase entrada a unha festa amenizada polo grupo Punto Clave onde a Galiña de Mos será a protagonista.

A maiores, haberá un touro mecánico e  sorteo dunha viaxe en avioneta para dúas persoas.

0.19605112075806