Lugo comeza a nova normalidade con 20 casos activos de coronavirus
Galicia estreou este luns a fase final do proceso de desescalada coa nova normalidad, un estado que se prolongará no tempo fóra do Estado de Alarma. Trátase da única comunidade autónoma en ter este sistema.
A provincia de Lugo comeza esta última fase cun total de 20 casos activos, un menos que o domingo.
Deles, dous atópanse hospitalizados en planta no Hula e 18 recupéranse no seu domicilio. Trátase dun ingresado máis con respecto a datas anteriores, nas que durante varios días só houbo un.
No que vai de pandemia a provincia rexistrou 28 falecidos por covid-19 e 916 altas.
Pola súa banda, a nivel de Galicia, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 348, deles 108 son da área da Coruña, 20 da de Lugo, 26 da de Ourense, 8 da de Pontevedra, 140 da área de Vigo, 34 da de Santiago, e 12 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 8 están en unidades de hospitalización e 340 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.489 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 159.102.
Estes datos amosan un desenso en tres persoas nas últimas 24 horas.
AS NOVAS NORMAS
- Mantéñense as medidas de hixiene, desinfección e ventilacións de todos os locais de uso público.
- O espazo de seguridade entre persoas debe ser de metro e medio.
- O uso da máscara é obrigatorio se non se pode manter a distancia de seguridade.
- Aforos en todos os recintos deberá estar como máximo ao 75% da súa capacidade e para visitas guiadas en actividades ou restaurantes os grupos de persoas non deberán exceder das 25 persoas. As áreas comúns dos centros comerciais deberán estar ao 50%.
- Reabren os parques infantís, biosaudables, zonas deportivas, pistas e espazos en xeral de uso público pero sempre respectandoa capacidade máxima dunha persoa cada catro metros cadrados.
- As oficinas ou vestiarios e espazos comúns deberá respectarse o metro cadrado de espacio por persoa.
- As terrazas ao airela libre incrementan a súa ocupación ata o 80%.
- Na hostalería recoméndase a pago con tarxeta, a desinfección periódica, as mantelerías dun só uso e os produtos monodosis.
- As actividades en espazos pechados como academias, bibliotecas, museos, cines o igrexas recomendan unha ocupación do 75% e grupos con máximo de 25 persoas.
- En velorios o límite está en 60 persoas ao aire libre e 30 en lugares pechados. A comitiva pode ser de 75 persoas.
- En vodas o máximo é de 250 ao aire libre e 150 en interior.
- As piscinas poderán estar ao 75% con desinfección continua de vestiarios e aseos mentres que nas praias deberán respecta os catro metros cadrados por persoa.
- Están permitas as actividades deportivas con público que terá que estar sentado e ao 75% do aforo do local cun máximo de 300 persoas en lugar pechado e mil ao aire libre.
- Congresos, reunións e conferencias tamén ao 75% do aforo. con 300 persoas sentadas en espazos pechados e mil ao aire libre.
PERMITIRANSE A PARTIR DO 1 DE XULLO
- As verbenas e festas populares
- Atraccións de feiras
- Discoteas e locis de ocio nocturno
- Establecementos de xogo e entretemento xuvenil e infantil
- Albergues
OS ÚLTIMOS DATOS
A área sanitaria de Lugo ten este sábado 22 casos activos de coronavirus, cifra idéntica á do venres. O balance segue a falar dun único hospitalizado no Hula e sen infectados nos hospitais da Mariña e Monforte. Ademais, hai 21 infectados no seu domicilio. Desde o inicio da alerta sanitaria, a provincia rexistrou 28 mortes e contabiliza 913 persoas curadas ou con alta.
En Galicia, os datos do Sergas reflicten un lixeiro repunte nas áreas sanitarias galegas, que este sábado suman dous casos máis en 24 horas. Este é o primeiro ascenso nas cifras da comunidade desde o 9 de maio. Prodúcese este cambio polo aumento de tres casos e Coruña e a baixade de un en Vigo mentres no resto de áreas as cifrans mantéñense.
O número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 359, deles 108 son da área da Coruña, 22 da de Lugo, 28 da de Ourense, 8 da de Pontevedra, 147 da área de Vigo, 34 da de Santiago, e 12 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 7 están en unidades de hospitalización e 352 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.476 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 157.075.