Lugo e Outeiro de Rei acollen o primeiro Campionato de España de Pádel para Médicos

TerraChaXa | LugoXa
O deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este mércores na presentación do I Campionato de España de Pádel para Médicos, que se celebrará durante esta fin de semana en Outeiro de Rei e Lugo, e que conta cunha colaboración económica por 10.
campionato espana padel para medicos
campionato espana padel para medicos
18 Out 2023

O deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este mércores na presentación do I Campionato de España de Pádel para Médicos, que se celebrará durante esta fin de semana en Outeiro de Rei e Lugo, e que conta cunha colaboración económica por 10.000€ da Deputación.

No campionato participarán 40 parellas chegadas de toda España. Os partidos xogaranse no D10, en Outeiro de Rei, e Lucus Pádel, en Lugo, e haberá categorías masculina, feminina e mixta. Ademais, entre outras actividades, está prevista unha charla o sábado á tardiña no Pazo de San Marcos sobre rendemento deportivo a través da prevención holística no deportista a cargo de Ángel Ruiz Cotorro, médico da Federación Española de Tenis e médico persoal de Rafa Nadal.

Rivera Capón felicitou ao Ilustre Colexio Médico de Lugo por “ter a capacidade de captar a celebración deste evento nacional e traelo á provincia de Lugo” porque, dixo, “estas citas son moi importantes porque atraen a un alto número de persoas que non coñecen o noso territorio”. Dixo o Deputado que esta iniciativa combina deporte, o carácter divulgativo e científico e tamén serve para a promoción dunha provincia tan diversa e rica como é a de Lugo.

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, participou tamén na presentación desta actividade na sede do Colexio Oficial de Médicos. Subliñou que o Goberno galego apoia iniciativas “que desestacionalizan a presenza de visitantes e deixan un notable impacto económico en Lugo”, ademais de “dar a coñecer a cidade e a provincia a persoas chegadas deste diferentes puntos do territorio nacional”. Así mesmo, puxo en valor que se trate dunha proposta que teña como eixo “o deporte e a vida saudable”.

0.20153093338013