Lyme
Por Breixo Gónzalez
Hoxe imos falar dunha enfermidade que está a encher as paxinas dos diarios galegos , esta enfermidade é a Enefermidade de Lyme ou Borreliose.
A enfermidade de Lyme é unha zoonose (é dicir, unha enfermidade que afecta tanto a animais como a persoas), etá causado , pola bacteria Borrelia burgdorferi e é transmitida polas carrachas.
A enfermidade de Lyme recoñeceuse en 1976 cando se detectou un grupo de casos en Lyme, Connecticut, e é actualmente a enfermidade asociada con carrachas informada con máis frecuencia nos Estados Unidos. A enfermidade de Lyme tamén aparece en Europa, en toda a ex Unión Soviética e en China e Xapón. Adoita aparecer no verán e a principios do outono. A maioría dos casos afecta a nenos e adultos novos que viven preto de zonas boscosas.
En Galicia estase vendo que os casos estanse a disparar.
A bacteria penetra na pel no sitio da picadura da carracha. Entre 3 e 32 días despois, o microorganismo migra localmente na pel preto deste sitio, se estesndese por vía linfática producindo adenopatías rexionais (inflamación dos centros linfáticos) ou se disemina no sangue a outros órganos ou a outros sitios da pel. Inicialmente prodúcese unha reacción inflamatoria (eritema migratorio: unha inflamación na pel, no lugar onde picou a carracha, con forma de dous aneis concéntricos) antes de que haxa unha resposta en anticorpos significativa fronte á infección.
Os seus primeiros síntomas son un eritema migratorio que pode estar seguido, semanas ou meses despois, por anomalías neurolóxicas, cardíacas ou articulares. O diagnóstico adoita ser clínico nas primeiras etapas da enfermidade, pero as probas serológicas poden ser útiles cando aparecen as complicacións cardíacas, neurolóxicas e reumáticas nas etapas avanzadas, e para algúns pacientes, convértese nunha doenza crónica.O tratamento temperán con antibióticos é efectivo.
É moi importante acudir o centro médico a que se retire a carracha e que se trate de xeito axeitado.
O tratamento con antiparasitarios nas nosas mascotas , axuda a crear certa “barreira” fronte as carrachas.
Como curiosidade, o mal de Lymeten historia. Porque Otzi, o ‘Home dos Xeos’, unha momia con 3.300 anos de antigüidade, padeceu está enfermidade, segundo os achádegos forenses practicados. E, para algúns pacientes, convértese nunha doenza crónica.