Máis de 1.000 traballadores da fábrica cervense comezaron hoxe a folga indefinida

TerraChaXa | LugoXa
Máis de 1.
71497082_2445430729033650_8797451833896337408_o
4 Oct 2020

Máis de 1.000 traballadores da fábrica cervense e outros tantos das empresas auxiliares, comezaron hoxe ás 06.00 horas a folga indefinida coa que pretenden salvar á Mariña.

As dúas plantas da factoría seguen traballando cos servizos mínimos que foron pactados entre o comité e a dirección por 48 horas. Así, uns 100 empregados seguen a realizar as prestacións esenciacis que teñen como obxeto que as cubas non se paren.

Centos de traballadores e familiares concetráronse a primeira hora da tarde no campamento montado no exterior das instalacións e desde os que se está a controlar que tan so saían camións con hidrato, elemento imprescindible para as farmacias e tamén para as plantas depuradoras ou os que entren ás instalacións unicamente sexan con subministracións.

O comité de empresa de Alcoa San Cibrao vén de comunicarque seguen a espera de que o Goberno central e a Xunta de Galicia convoquen previsiblemente para este luns ou o martes unha reunión na que ambas administracións expliquen as súas posicións e propostas para que a única fábrica de aluminio primario de España continúe operando.

[video width="640" height="352" mp4="https://xn--amariaxa-h3a.com/wp-content/uploads/2020/10/Video-Alcoa.mp4"][/video]

0.1593861579895