Máis de 1.600 maiores de toda a provincia reciben Teleasistencia gratuíta da Deputación

TerraChaXa
A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, avanzou que o servizo de Teleasistencia gratuíto que ofrece o Goberno da Deputación, atende a día de hoxe a 1.
22 Feb 2019

A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, avanzou que o servizo de Teleasistencia gratuíto que ofrece o Goberno da Deputación, atende a día de hoxe a 1.629 maiores de toda a provincia. Actualmente os 67 concellos da provincia contan con usuarios de teleasistencia. A través deste servizo, financiado con 324.000 euros, favorécese a permanencia e integración no entorno familiar e social das persoas usuarias.

López Izquierdo sinalou que “con esta prestación gratuíta ofrecemos atención continuada aos máis maiores da provincia. A diferencia da teleasistencia da Xunta, ofrecemos este servizo a persoas catalogadas como dependentes, pero tamén a non dependentes. Durante o ano pasado o servizo de teleasistencia atendeu a 1.773 usuarios de toda a provincia, o que supón un incremento do 17,26% con respecto ao 2017. O perfil maioritario das persoas que reciben este servizo gratuíto é o de mulleres maiores de 80 anos”.

O Executivo Provincial ofrece, de xeito gratuíto, Teleasistencia a todos os maiores da provincia, con dificultades na súa autonomía, garantindo atención as 24 horas do día e os 365 días do ano. Con este servizo, os usuarios e os seus familiares gozan dunha maior tranquilidade sabendo que, a pesar de vivir solos, na maioría dos casos, contan cun sistema de chamada en situacións de emerxencia.

Por outra banda, a Teleasistencia da Deputación chega a vilas illadas no rural, nas que o número de veciños é moi reducido, polo que ademais de ser un servizo de atención en casos de urxencia, convértese nun acompañamento para moitos maiores a través de charlas telefónicas. No ano 2018, realizáronse un total de 2.773 chamadas por parte dos usuarios para falar ou saudar aos teleoperadores do Centro de Atención.

A través deste servizo, realízase un completo seguimento e mantense contacto coas persoas usuarias a través de comunicacións e chamadas diarias, semanais ou quincenais, dependendo da situación de cada persoa usuaria; ou visitas de coordinación como seguimento ou tras unha circunstancia excepcional. No 2018, as chamadas que se recibiron ascenden a 20.155, sendo soamente un 1.70% do total realizadas a causa dunha situación de emerxencia; isto débese ao labor de comunicación que se realiza dende o Centro de atención, pois fronte as máis de 20.000 chamadas recibidas, realizáronse preto de 69.000 co fin de realizar un seguimento do usuario completo e semanal.

0.19141697883606