Máis de 300 persoas participaron na segunda Concentración Motoclub Rábade Biker’s

A segunda edición da Concentración Motoclub Rábade Biker’s reuiniu esta fin de semana en Rábade máis de 300 inscritos, nunha cita que converteu o municipio no punto de encontro de numerosos afeccionados ás motos.
A programación repartiuse en dous días cunha primeira saída con parada en Cospeito dentro dun programa no que houbo música, xogos e ata unha ruta polo caídos, antes da cea. O domingo houbo unha segunda saída en ruta para os participantes, que nesta ocasión tivo unha parada no Castro de Friol. Durante a parada ofreceuse tamén un petisco aos asistentes antes de retomar a actividade.
A xornada continuou cunha sesión vermú que deu paso á comida de confraternidade para as persoas inscritas. Posteriormente tivo lugar o sorteo de agasallos e a entrega de trofeos, actos cos que puxeron o punto final a esta segunda concentración organizada polo Motoclub Rábade Biker’s.