Máis de 330 deportistas recibirán bolsas das axudas a modalides individuais da Vicepresidencia da Deputación

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
A Xunta de Goberno aprobou este venres a resolución da convocatoria, que conta cun orzamento de 150.000 euros
Efrén-Castro-vicepresidente-da-Deputación-de-lugo
25 Jul 2026

A Xunta de Goberno aprobou este venres a resolución provisional da convocatoria de axudas a deportistas individuais da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que conta cun orzamento total de 150.000 euros.

Máis de 330 deportistas da provincia recibirán as bolsas, que oscilan entre os 300 e os 2.500 euros, e que pretenden recoñecer e apoiar a súa participación en competicións federadas sobre todo nas categorías de base.

O vicepresidente da Deputación Efrén Castro explicou que “a convocatoria trata de responder sobre todo ás necesidades de deportistas en etapas de formación, contribuíndo a colaborar nuns gastos que atenden fundamentalmente as familias, desde licenzas ou inscricións en competicións ata transporte ou material deportivo” e destacou que "a resolución é un reflexo do gran nivel competitivo de deportistas lucenses, con excelentes resultados nas súas participacións en probas tanto de nivel galego como internacional".

As contías asígnanse en función dos resultados deportivos acadados en probas e campionatos en cada nivel de competición, desde campionatos provinciais ata europeos e mundiais, ao longo de 2025. A resolución publicarase no Boletín Oficial da Provincia ao longo da vindeira semana.

0.11901998519897