Máis de 330 persoas participarán o sábado en Begonte na carreira popular

TerraChaXa
O Concello de Begonte organiza para o día 25 de xuño a nova edición da Carreira Popular que xa chega a súa quinta edición.
carreira popular concello begonte andaina portada
23 Xuño 2022

O Concello de Begonte organiza para o día 25 de xuño a nova edición da Carreira Popular que xa chega a súa quinta edición, tras dous anos en celebrarse. Ademais, organízase unha andaina para todas as idades que dará comezo ás 10.00 horas cunha distancia de 700 metros.

Un total de 334 persoas participarán nesta proba deportiva. 53 na andaina 158 na carreira absoluta. O resto, serán menores para as diferentes categorías.

O apartado deportivo arrincará coa carreira absoluta será ás 11:00 horas. Ás 12:00 horas comezará a proba da categoría D, nados de 2004 a 2006 e que percorreran 3.500 metros; logo chegará a categoría C ás 12:15 horas serás os nados de 2007 a 2009 e farán 2.000 metros; a categoría B será ás 12:35 horas cos nados de 2010 a 2012 percorrendo 1.000 metros; ás 12:45 horas a categoría A percorrerá 500 metros e será para os nados de 2013 a 2014; e xa por último os minis, nados de e de 2015 a 2018, que farán 150 metros e comezarán ás 12:50 horas.

Os premios serán para os cinco primeiros clasificados na carreira absoluta masculina e feminina, que ademais de trofeo recibirán cartos, que oscilan entre os 200 e os 50 euros. Tamén haberá premios para os equipos e distinguirase ao primeiro atleta local masculino e feminino.

E para finalizar este evento deportivo, tódolos participantes poderán degustar uns aperitivos gratis, finalizada a entrega de premios, no Club Fluvial de Begonte.

Disporase de ludoteca gratuíta para os nenos atletas e o fillos dos atletas mentres se disputan as carreiras.

0.1602349281311