Maite Ferreiro reivindicou “políticas de emprego para que a mocidade non teña que emigrar”

TerraChaXa
A candidata do BNG ao congreso, Maite Ferreiro, manifestou na cidade de Lugo “a necesidade de poñer en marcha políticas de emprego para que a mocidade non teña que emigrar”.
Maite Ferreiro BNG Lugo
17 Abr 2019

A candidata do BNG ao congreso, Maite Ferreiro, manifestou na cidade de Lugo “a necesidade de poñer en marcha políticas de emprego para que a mocidade non teña que emigrar”. Maite Ferreiro lembrou “no BNG temos p propostas concretas para que novas empresas se poidan asentar e se manteñan as existentes” e puxo como exemplo “é preciso contar cunha tarifa eléctrica galega, necesitamos proxectos como o do banco de terras para reactivar o rural, e apostar por industrias transformadoras das producións primarias do país”.

“No estado español non acaban de entender cal é problema do interior galego, precisamos voz en Madrid para frear a sangría demográfica” asegurou Ferreiro en declaracións feitas diante da oficina de emprego da rúa Campos Novos de Lugo, onde estivo acompañada da Parlamentaria Olalla Rodil, do candidato á alcaldía, Rubén Arroxo, e integrantes das candidaturas do BNG. Maite Ferreiro afirmou “hai que repensar o funcionamento dos servizos públicos de emprego por que non están a dar solucións reais e sinalou “para moitas persoas que están en situación de desemprego non é útil este servizo tal e como está pensado na actualidade, tampouco para algunhas empresas que buscan persoas para traballar”.

0.068444013595581