Malos resultados para o TDM Vilalba nesta xornada

TerraChaXa
Xornada de malos resultados para o Tdm Vilalba, pois perdeu os dous partidos disputados no Mato Vizoso na xornada de tarde deste sábado.
Foto Dez portas Basanta souto
29 Out 2018

Xornada de malos resultados para o Tdm Vilalba, pois perdeu os dous partidos disputados no Mato Vizoso na xornada de tarde deste sábado.

En primeira galega enfrontábase o Dez portas Caixa Rural ante o equipo local do Basanta Souto, partido que destacou polo bo xogo dos visitantes, que se impuxeron por catro a dous. Por parte dos locais destacaron os dous puntos conseguidos por Javier Trastoy.

En segunda galega o Limpezas García enfrontábase ao Cambre Tm, que se impuxo por un contundente 4-0. As mozas deron todo o esforzo posible, pero diante tiñan un gran equipo e non foi posible puntuar.

A próxima xornada será o 11 de novembro pois a seguinte fin de semana a liga sofre un parón, xa que se celebra na Estrada o zonal clasificatorio para o campionato de España, onde o TDM Vilalba estará presente con tres xogadoras da categoría infantil Alba, Ari e Sabela.

Foto Cambre Limpiezas Garcia
0.089136838912964