Manterase cortado o tráfico no Viveiró para facer as obras de humanización ata o 1 de decembro

TerraChaXa
O retraso nas obras de humanización do Campo da Feira do Viveiró, en Muras, debido ao mal tempo obrigan a manter cortado o tráfico na estrada LU-P-3402 ata o 1 de decembro.
corte trafico viveiro portada
18 Nov 2023

O retraso nas obras de humanización do Campo da Feira do Viveiró, en Muras, debido ao mal tempo obrigan a manter cortado o tráfico na estrada LU-P-3402 ata o 1 de decembro. A vía estará pechada á circulación na súa totalidade, dende o lugar de Paleira a Viveiró, quedando habilitado e debidamente sinalizado como desvío alternativo o acceso polas estradas provinciais LU-P-3811 e LU-P-3804.

Esta actuación, que se atopa xa na fase final, servirá para acondicionar este espazo público tan empregado pola veciñanza e facelo máis accesible. A Deputación achega 371.200€, o 93% do orzamento necesario para as obras, que tamén executa.

O proxecto inclúe a renovación das redes de servizos: pluviais e saneamento, alumeado público, abastecemento de augas, enerxía eléctrica e telecomunicacións. Ademais, plantaranse un total de 23 árbores e transplantaranse 3 existentes, entre os que haberá pradairos, acivros, castiñeiros, castaños e loureiros. Finalmente, os traballos rematarán coa instalación do novo mobiliario urbano, que estará formado por papeleiras de 45 litros de capacidade, con corpo de aceiro galvanizado e cuberta de madeira, e bancos circulares, do mesmo estilo, de 2 metros de radio.

Trátase dunha actuación moi importante para o concello de Muras, tamén en termos económicos, xa que o Campo da Feira do Viveiró. O retraso na execución obrigou ao aprazamento da Feira do Mel.

corte de trafico viveiro
0.062928199768066