Marcelle acolle un curso sobre fotografía creativa
TerraChaXa | LugoXa
O zoolóxico de Marcelle acollerá o 27 de abril un curso de fotografía de natureza, impartido polo fotógrafo profesional Pedro Abel Adalia especializado en fauna salvaxe, no que mostrará como capturar a esencia dos animais e os elementos naturais.
19 Apr 2024

O obxectivo do curso é descubrir como comunicar historias coas imaxes, como aproveitar a luz e o entorno, e como desenvolver a creatividade e o estilo persoal.
O curso dará comezo ás 11.30 horas e contará con dúas partes, una teórica, ata as 14.00 horas e outra práctica, desde as 15.00 e ata o fin da tarde.
O curso ten un prezo de 95 euros e inclúe comida e unha fotografía impresa.
As persoas que desexen anotarse poden facelo no correo formacion@marcellenatureza.com