Marcos Failde incorpórase ao Vilalba FS
Marcos Failde, porteiro con experiencia en equipos coma Culleredo, GR9 ou o Esteo ven reforzar a xoven portería do Vilalba FS na liga de Terceira División para e axudaralles a Tini e a Chafa a continuar a súa progresión baixo paus.
Respecto á tempada anterior o Valdesuso Peugeot Vilalba FS tivo as baixas de Iago, Asier, Jose López, Pablito Villar, Xosé e Ayalita. Por outra banda, renovaron Juan Rivero, Nuno, Iván Gago, Antón, Aitor, Paulo e Chafa que rematou a etapa de xuvenil, a eles hai que engadir as incorporacións de Coe, Fede, Iago Fariñas, Mario e Isma aínda que non se descarta algunha outra fichaxe. Facendo a pretempada tamén están tres xogadores do equipo xuvenil: Adrián, Hugo e Tini. Outra novidade no corpo técnico é a incorporación de Leo e Miguel para axudar ao adestrador Quini o cal comeza a súa segunda tempada no banco vilalbés.