María Rivas reitera o compromiso do Goberno coas Pontes para afianzar o emprego

TerraChaXa
A subdelegada lembra a importancia do convenio de transición xusta proposto polo Goberno, que busca manter a actividade e fortalecer a área.
maria rivas as pontes
22 Xuño 2021

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, comprometeuse a trasladar ás ministras para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, e de Traballo, Yolanda Díaz, as necesidades das Pontes para afianzar o compromiso co emprego e a actividade. Expresouse así durante un encontro de traballo cos representantes das traballadoras e os traballadores.

Na xuntanza celebrada na Subdelegación do Goberno na Coruña estiveron Fernando Galego e José Hurtado de CCOO, Alberto Amado e José Fornos da CIG e Nicasio Pena e Félix Martínez de UGT.

A subdelegada do Goberno lembrou a importancia do convenio de transición xusta proposto polo Executivo, que busca manter a actividade e fortalcer a área. Nese sentido, explicou que no de Meirama xa hai decenas de propostas e agarda un comportamento similar co das Pontes.

María Rivas incidiu en que o contacto coa representación de traballadoras e traballadores da área é permanente es espera que continúe a canle de comunicación para buscar o mantemento do emprego.

0.19868016242981