Mariz (Guitiriz) celebra a súa festa na honra á Virxe de Fátima o domingo

TerraChaXa
Durante o vermú, os asistentes poderán desfrutar de liscos e chourizos a fartar
festas-mariz-guitiriz
10 May 2025

A parroquia de Mariz, no concello de Guitiriz, celebrará o vindeiro 11 de maio a súa tradicional festa na honra á Virxe de Fátima, cunha completa xornada de actividades relixiosas e festivas para toda a veciñanza.

A celebración comezará coa misa solemne ás 13:45 h, seguida dun gran vermú e unha verbena que se prolongará ata a noite, animada pola música en directo do dúo Venus e o DJ Casanova, que garantirán un ambiente festivo e animado durante toda a xornada.

Durante o vermú, os asistentes poderán desfrutar de liscos e chourizos a fartar, servidos polo Bar Porto, un atractivo máis para gozar dunha xornada de convivencia e tradición.

⚙ Configurar cookies
0.082826137542725