Marlaska foi o tema principal no mitin de Feijoo en Outeiro de Rei

TerraChaXa | LugoXa
O expresidente da Xunta de Galicia e máximo responsable do Partido Popular, Alberto Núñez Feijoo, participou onte en Outeiro de Rei nun mitin no que se centrou no ministro Marlaska.
FOTOS MITIN CON FEIJOO EN OUTEIRO DE REI (1)
12 Feb 2024

O expresidente da Xunta de Galicia e máximo responsable do Partido Popular, Alberto Núñez Feijoo, participou onte en Outeiro de Rei nun mitin no que se centrou no ministro Marlaska.

Considera que o Goberno non pode manter por máis tempo ao titular de Interior, quen “debería dimitir por outras cousas”, en alusión ao “absoluto fracaso no control de fronteiras e a súa presunta conivencia coa contorna dos presos de ETA".

Espera que o ministro Marlaska non sente o vindeiro martes na mesa do Consello de Ministros e que, en caso de non dimitir, sexa cesado “por un mínimo de decoro e de respecto ás FCSE".

Anunciou que hoxe, luns, viaxará a Barbate, onde falará cos alcaldes e, "como primeiro partido de España", comprometerase coa Garda Civil para que conten cos medios que necesitan.

Censura que, tras o asasinato de dous axentes en Barbate, a reacción do Goberno fose acudir a un festival de cinema, no caso do presidente, e non reunirse cos gardas civís do posto onde ocorreron os feitos, no do ministro do Interior.

Lembrou Feijoo que o BNG "concorrerá en coalición con Bildu e ERC ás eleccións europeas" e alerta de que Bildu propoñerá como cabeza de lista "a un condenado por pertenza a banda armada".

Subliña que o 18F "elixirase entre un goberno unido e con experiencia e un multipartito desunido e sen experiencia; entre poder xestionar con eficacia ou crear problemas; e entre contar co que mellor representa aos cidadáns ou o que impón a súa ideoloxía aos demais".

0.16288805007935