Marraxón celebra esta fin de semana a festa na honra da Virxe dos Remedios

TerraChaXa | FerrolXa
A programación desenvolverase o sábado 12 e o domingo 13 de setembro con misas solemnes, sesións vermú e actuacións musicais
festas-marraxon
10 Sep 2026

A localidade de Marraxón, nas Pontes, celebrará esta fin de semana a festa na honra da Virxe dos Remedios cun programa que combinará actos relixiosos, música e actividades para os veciños e visitantes.

As celebracións comezarán o sábado 12 de setembro. Ás 13.00 horas terá lugar a misa solemne na honra da Virxe dos Remedios e, a continuación, celebrarase unha sesión vermú amenizada polo Dúo Venus.

A programación continuará pola noite, a partir das 22.30 horas, coa actuación do Dúo Venus e do Grupo Lume, que serán os encargados de poñer música á verbena.

O domingo 13 de setembro volverá celebrarse unha misa solemne ás 13.00 horas. A continuación terá lugar unha puxada de produtos da zona e unha nova sesión vermú, nesta ocasión a cargo do Grupo Lume.

Como acto previo ás celebracións, este venres 11 de setembro, a partir das 21.30 horas, haberá unha xornada de convivencia con petiscos para os veciños e colaboradores no campo da festas.

0.15055799484253