Martelos e La Kuadra organizan unha recollida de roupa solidaria

TerraChaXa | AMariñaXa
25 Xan 2021

A asociación Martelos Costa Norte iniciou estes días unha campaña solidaria en colaboración con La Kuadra.

Con esta acción recollerase roupa para facela chegar a persoas desfavorecidas.

Os interesados en participar poden facer as súas entreags os martes, xoves e sábado polas tardes, a partir das 17.00 horas no antigo bar Os Castelos de Covas.

Para os que non poidan achegarse, a asociación ofrece información nos teléfonos 649 069 747 ou no 722 696 281.

0.18300700187683