Martín Cando e Iria Fernández gañaron a San Silvestre Vilalbesa

TerraChaXa
O Concello de Vilalba pechou o ano deportivo 2022 coa celebración da VII Carreira-Andaina San Silvestre Vilalbesa 2022, unha cita xa tradicional no programa de Nadal da capital chairega.
2 Jan 2023

O Concello de Vilalba pechou o ano deportivo 2022 coa celebración da VII Carreira-Andaina San Silvestre Vilalbesa 2022, unha cita xa tradicional no programa de Nadal da capital chairega.

Con case 400 inscritos, a Praza da Constitución de Vilalba foi o punto neurálxico desta proba que se disputou en condicións meteorolóxicas adversas, e que coroou a Martín Cando Santos,  do club Cidade de Lugo (cun tempo de 00:16:44), e a Iria Fernández Díaz, da Agrupación Polideportiva San Ramón de Vilalba (00:17:17), como vencedores.

Despois dos 5.250 metros de percorrido, o podio masculino completouse con Esteban Díaz Pérez, do Club Atletismo Narón (00:17:00) e Sergio Franco Fernández, do AP San Ramón (00:17:12), mentres que no feminino subiron ao caixón Uxía Fernández Díaz, do AP San Ramón (00:17:18), e María Souto Prieto (00:25:20).

O frío e a choiva que sufriron os participantes tivo un premio adicional co chocolate con churros que ofreceu a organización ao remate da proba.

0.17158007621765