Maternidade si, maternidade non... de verdade é preciso o debate?
Por Marta R. Engroba
Non deixa de chamarme poderosamente a atención ese debate que, dun tempo a esta parte, semella xerar o tema da maternidae. Mulleres que son nais ou desexan selo defenden a súa condición, mentras son rebatidas polas que non contemplan a maternidade e que se consideran cuestionadas, e mesmo atacadas, cando expoñen a súa postura. Francamente, non son quen de entendelo. Por qué unha opción ten que ser mais válida que a outra?. E que non son as dúas igualmente lexítimas e respetables?. Francamente, eu non creo que nin a exposición as veces case idealizada da maternidade, nin a condea de quen fala dela coma se fora unha das sete plagas sexan de todo obxectivas.
Como case todo na vida, ten as súas partes boas, e outras que non o son tanto, e cada muller é, entendo, moi libre de decidir o que considere mais oportuno para sa súa vida e as suas circunstancias, sen que eso a convirta en boa ou mala. Eu son nai, e podo dicir, sen ningún xénero de dúbida, que meu fillo é o mellor e mais grande que me pasou na vida, pero, ollo, nin o embarazo, nin a súa crianza foron un conto de fadas, pero tampouco un castigo divino. Cando ainda era moi nova, pensaba que probablemente algún día chegara a ser nai, pero tampouco me agobiaba a posibilidade de non selo. O certo é que, case por sorpresa, un bó día meu fillo anunciou que estaba en camiño, e iniciei un embarazo que, desde logo, non era deses que nos amosaban nas revistas, donde a futura nai, nun estado de perfecta felicidade, escoita música clásica e fala co seu futuro fillo mentras se acaricia o ventre.
Estaba ilusionada, pero unha anemia no comezo que facía que me marease a míudo, un corpo que cambiaba e que xa non recoñecía e a prosaica realidade dos gastos que se aveciñaban, entre outras cousas, encargábanse de poñerme os pes na terra. Dito doutro xeito, nin estaba nun estado de ledicia constante ou case nirvana, nin maldecía a miña sorte por atoparme nese estado.
Cando chegou o momento do parto, pasou mais do mesmo. Non vivín un desas esceas das películas donde mamá e papá entran nun estado de perfecta comunión e choran de pura emoción. Tampouco foi o día mais feliz da miña vida. Por suposto quería a meu fillo, de feito o adorei desde o minuto cero, pero estaba feita polvo, xa que o parto non foi doado, dolorida polos puntos e farta de que a miña habitación semellase por momentos a Porta do Sol en hora punta, de tanta visita que ía e viña. Tampouco o momento de darlle de mamar ao neno, algo do que, por certo eu non estaba demasiado convencida, pero que aceptei finalmente por puro lavado de cerebro, foi de anuncio.
Costoulle coller o tranquillo, e eso, xunto co feito de que as tomas cada tres horas foron no noso caso pura teoría, porque o rapaz non pasaba por mais de dúas, o que facía que eu estivese totalmente esgotada, ademais dalgunha que outra greta que doía e moito, desmentiron totalmente que o acto de amamantar fora tan idílico como o pintaban.
Ademais, tal como era de prever, os gastos multiplicáronse e malia que ver a cariña do neno facía que esquecese todos os males, a realidade estaba ahí. Por suposto a miña vida cambiou, pero nin me convertín exclusivamente en nai, esquecendo calquera outra espectativa, nin tampouco a crianza do meu fillo votou por terra as posibilidades da miña vida. Obviamente, a condicionou, e tocou facer reaxustes e adaptarse as novas circunstancias, pero nin fun esclava da maternidade, nin me sentín anulada como muller, e por suposto, nunca me sentín inferior as mulleres que non tiñan fillos, nin tampouco superior. O que tento explicar é que, como todo na vida, o feito de ser ou non nai é algo, en ambos casos, totalmente lexítimo e natural, e ningunha das dúas opcións deben, na miña opinión, ser mitificadas nin condeadas. Cada muller é moi libre de decidir qué rumbo darlle a súa vida, e se nese camiño desexa ter ou non fillos. Ninguén é quen para xulgala, tome a decisión que tome, nin ningunha de nos se debe sentir coaccionada, nin pola sociedade nin polo seu entorno.
Ser ou non nai é unha decisión que se debe tomar con coherencia, tendo en conta cada muller o que desexa facer na vida. Non é un premio nin tampouco un castigo. Que cada quen elixa o que considere mais oportuno, o que pense que lle pode facer feliz, sen culpabilidade, sen condicionamentos, e, por suposto, sen deostar a quen opine o contrario, e esto serve para todos os aspectos da vida, mesmo para decidir sobre ser nai ou non. E sinxelo, non si?.