Medidas sociais e educativas aprobadas polo Consello de Ministros

TerraChaXa
O Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEFP) e o Ministerio de Universidades, xunto con representantes dos reitores, analizaron coas comunidades autónomas as consecuencias da suspensión de clases presenciais a causa do coronavirus Covid-19 para asegurar que ningún alumno ou alumna vai perder o curso por esta situación.
3f6462ac d807 4c19 930f becda213f9b3
18 Mar 2020

O Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEFP) e o Ministerio de Universidades, xunto con representantes dos reitores, analizaron coas comunidades autónomas as consecuencias da suspensión de clases presenciais a causa do coronavirus Covid-19 para asegurar que ningún alumno ou alumna vai perder o curso por esta situación.

Desde o Ministerio de Educación e Formación Profesional e desde o de Universidades garantiuse que non haberá consecuencias negativas para o alumnado polo decreto vixente expoñendo unha serie de decisión.

EDUCACIÓN

En relación coas probas de Avaliación para o Acceso á Universidade (EVAU), os dous ministerios e os representantes das Comunidades Autónomas manifestaron a súa vontade de traballar de forma coordinada en beneficio de todo o alumnado. Nese sentido, determinouse que se realizará a proba de Avaliación para o Acceso á Universidade (EVAU), así como un aprazamento da mesma, para o que se traballa en coordinación con todos os axentes implicados, desde os dous ministerios. A adaptación do calendario de matrícula universitaria adaptarase ao da devandita proba.

En canto ás prácticas no centro de traballo e a FP dual, o MEFP, de acordo coas CCAA, propuxo a flexibilización das prácticas necesarias para superar o curso. En relación ás probas de acceso á Formación Profesional de grao medio ou superior para quen non conten cos requisitos académicos de acceso a estes ensinos, adaptarase o calendario das probas e matrícula e manterase unha reserva de prazas para que ningún estudante quede sen posibilidades de acceso. Estas iniciativas concretaranse nunha reunión da Comisión de Formación Profesional que se celebrará a próxima semana.

Na reunión da Comisión Xeral da Conferencia de Educación, celebrada por vía telemática, participaron tamén secretaria xeral de Formación Profesional, Clara Sanz; a directora xeral de Avaliación e Cooperación Territorial, Consolo Vélaz de Medrano, e representantes das Comunidades Autónomas e da Conferencia de Reitores (CRUE).

Ademais destas medidas, o MEFP puxo ao dispor das Comunidades Autónomas e da comunidade educativa no seu conxunto todos os recursos dixitais dispoñibles e está a traballar noutras iniciativas que permitan reducir a fenda dixital entre os alumnos con menos recursos.

AXUDAS E HIPOTECAS

O primeiro bloque de medidas DO Real Decreto Lei aprobado polo Consello de Ministros está destinado ás persoas maiores, dependentes e ás familias vulnerables. Neste apartado destínanse 600 millóns de euros ao financiamento de prestacións básicas dos correspondentes servizos sociais das CCAA e entes locais, con especial atención á asistencia domiciliaria a persoas maiores e dependentes.

Ademais, amplíase a protección ás subministracións de enerxía e de auga, garantindo os servizos públicos esenciais. Como novidade, tamén se garanten os servizos de telecomunicacións. Todo iso para as familias vulnerables.

Tamén se garante o dereito á vivenda das persoas con máis dificultades. Para iso establécese unha moratoria no pago das cotas das hipotecas para os debedores hipotecarios en situación de especial vulnerabilidade que vexan reducirse os seus ingresos. A finalidade é que ningunha persoa nunha situación económica difícil perda a súa vivenda.

INVESTIGACIÓN

O Goberno tamén está comprometido co reforzo da investigación científica para o desenvolvemento dunha vacina ou unha cura para o COVID19. Por este motivo van dedicar 30 millóns á partida de investigación. Este diñeiro irá dedicado a dotar ao Consello Superior de Investigacións Científicas e ao Instituto de Saúde Carlos III dos recursos precisos para facer fronte a esta emerxencia sanitaria.

0.19058394432068