Meira acolle este domingo o tradicional Festival de Bandas de verán

Meira volverá contar este domingo, 12 de xullo, co seu tradicional Festival de Bandas.
Será a xornada de domingo a partir das 19:30 horas na Igrexa Parroquial de Meira.
Nel actuarán a Banda de Música de Meira e a Banda de Música de Cedeira, nunha actuación de balde.