Meira acolle un acto en común con Riotorto para celebrar o Día das Letras Galegas

TerraChaXa | AMariñaXa
Meira celebrará este mércores 17, Día das Letras Galegas dedicadas a Francisco Fernández del Riego cun acto musical e poético.
dia das letras galegas meira portada
16 May 2023

Meira celebrará este mércores 17, Día das Letras Galegas dedicadas a Francisco Fernández del Riego (veciño de Lourenzá) cun acto musical e poético.

Así, farase un tributo ao protagonista deste ano e a continuación unha lectura de poemas e reivindicación dun Día das Letras Galegas para Avelino Díaz.

A continuación terá lugar unha Sesión Vermú amenizada pola Prebanda e o Grupo de Saxos da Escola de Música de Meira. Este acto terá lugar no Paseo Central salvo que o tempo non acompañe, nese caso trasladarase ao Cabanón do Convento.

Este mércores pecha tamén o prazo para participar no VI Certame de Debuxo e Poesía Avelino Díaz, ata o mércores 17 de maio de 2023.

Os actos están organizados pola asociación cultural Avelino Díaz en colaboración cos concellos de Meira e Riotorto.

Ese mesmo día 17 de maio, ás 14:30 horas terá lugar a anual comida da Confraría Nosa Señora do Pedregal no pavillón municipal de Meira. Será ás 14.30 horas pero, ás 12.00 celebrarán unha asemblea xeral na igrexa, que rematará cunha misa.

dia das letras galegas meira
0.16117000579834