Meira acolle unha charla informativa sobre oportunidades laborais na comarca organizada por GI Group

O próximo mércores 21 de maio, entre as 10:00 e as 13:00 horas, terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura de Meira unha charla informativa organizada por GI Group, empresa especializada en recursos humanos e selección de persoal.
A actividade está especialmente dirixida a persoas que estean en procura activa de emprego na comarca, ofrecendo entrevistas de traballo aseguradas para os asistentes. A iniciativa busca poñer en marcha novas oportunidades profesionais e facilitar o acceso ao mercado laboral.
As persoas interesadas deberán confirmar a súa asistencia chamando ao número 881 067 333 ou enviando un correo a coruna@gigroup.com.