Meira acollerá este xoves a presentación de 'Carlos Valcárcel. Fotografía etnográfica 1960-1980'

TerraChaXa
O acto terá lugar ás 20:30 horas no Espazo Cultural O Centro e contará coa participación de Iria Castro, Agustín Méndez, Yoani Jartín, Pablo Quintana e Tere Valcárcel
presentacion-meira-libro-carlos-valcarcel
19 Aug 2026

O Espazo Cultural O Centro de Meira acollerá este xoves, 20 de agosto, ás 20:30 horas, a presentación do libro Carlos Valcárcel. Fotografía etnográfica 1960-1980, unha obra que reúne unha selección do traballo fotográfico do autor durante dúas décadas.

A presentación permitirá achegar ao público a ollada de Carlos Valcárcel sobre a sociedade e a vida cotiá da época a través da fotografía etnográfica. O libro, editado por Editorial Canela, recupera imaxes que documentan costumes, traballos e escenas da Galicia de entre 1960 e 1980.

No acto intervirán Iria Castro, Agustín Méndez, Yoani Jartín, Pablo Quintana e Tere Valcárcel, que acompañarán a presentación desta publicación dedicada á memoria e ao patrimonio cultural galego.

A actividade conta coa colaboración do Concello de Meira e da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Cultura.

0.11951613426208