Meira acollerá novas clases de zumba a partir do 1 de setembro

TerraChaXa
A proposta está aberta a todas as persoas interesadas en practicar actividade física ao ritmo da música e manterse en forma nun ambiente dinámico e divertido
clases-de-zumba-meira
28 Aug 2026

O pavillón de Meira acollerá a partir do próximo martes, 1 de setembro, novas clases de zumba, unha actividade pensada para combinar exercicio físico, baile e diversión.

As sesións celebraranse todos os martes ás 21.15 horas no pavillón de Meira. A proposta está aberta a todas as persoas interesadas en practicar actividade física ao ritmo da música e manterse en forma nun ambiente dinámico e divertido.

As persoas que desexen participar poden formalizar a súa inscrición chamando ao teléfono 686 920 878. A organización anima a participar e lembra que as prazas son limitadas.

0.10845899581909