Meira acollerá o sábado unha nova edición do Torneo NaturLeite 3x3 de baloncesto

TerraChaXa
As inscricións permanecerán abertas ata o domingo 9 ás 23.59 horas
torneo-baloncesto-3x3
7 Aug 2026

A vila de Meira converterase o sábado 15 no punto de encontro para os afeccionados ao baloncesto coa celebración dunha nova edición do Torneo NaturLeite 3x3 Vila de Meira, unha cita que reunirá equipos de diferentes idades e categorías a partir das 18.00 horas.

A competición contará con categorías Premini, Mini, Infantil e Cadete, todas elas en formato mixto, ademais de Sénior masculino/mixto e Sénior feminino. Poderán participar xogadores e xogadoras nados desde 2016 en diante, segundo a categoría correspondente.

A organización establece un límite de 20 equipos na categoría sénior masculina e de oito equipos no resto das categorías. Cada conxunto deberá estar formado por un mínimo de tres xogadores e un máximo de catro.

As inscricións permanecerán abertas ata o domingo 9 ás 23.59 horas e deberán formalizarse a través do correo electrónico 3x3meira@gmail.com. A cota de participación será de 50 euros por equipo na categoría sénior e de 20 euros por equipo no resto das categorías.

Como incentivo para os participantes, a organización entregará froita, bebida e algún agasallo a todas as persoas inscritas. O torneo conta coa colaboración de diferentes entidades e institucións, entre elas o Concello de Meira e a Xunta de Galicia.

0.13843297958374