Meira acollera unha concentración no Día das Montañas de Eólicas, Así Non!

TerraChaXa
O domingo 11 de decembro, Día Mundial das Montañas, ás 12.00 horas, terá lugar unha concentración na praza do Concello de Meira.
manifestacion ecolica asi non portada
manifestacion ecolica asi non portada
8 Dec 2022

O domingo 11 de decembro, Día Mundial das Montañas, ás 12.00 horas, terá lugar unha concentración na praza do Concello de Meira en protesta pola creación de macroparques eólicos por toda a xeografía galega e en defensa das montañas.

Estas concentracións están programadas para diferentes puntos de Galicia e convocadas pola coordinadora Eólica, Así non!

Meira será o punto de concentración do territorio afectado da Terra Chá e as entidades convocantes son os veciños afectados, plataforma local Alto Miño Eólica Así Non, Sindicato Labrego Galego, Asociación Cultural M de Meira, Acea de Meira, Adega, Ecoloxistas en Acción Gaiza, Concello da Pastoriza e Concello de Meira.

manifestacion ecolica asi non
0.18444895744324