Meira acollerá unha xornada gratuíta sobre dixitalización e novas obrigas no sector agrario

TerraChaXa
A actividade desenvolverase en horario de mañá, de 11.00 a 14.00 horas, e de tarde, de 15.30 a 18.30 horas
curso-meira-dixitalizacion-rural
14 Nov 2026

A Casa da Cultura de Meira acollerá o martes 17 de novembro unha xornada formativa gratuíta sobre dixitalización no sector agrario, centrada nos cadernos de fitosanitarios, a fertilización e os plans de abonado.

A formación será impartida por Andrés Castro e permitirá afondar nas novas obrigas que entrarán en vigor a partir do 1 de xaneiro de 2027, así como nas cuestións relacionadas coa Política Agraria Común (PAC).

A actividade desenvolverase en horario de mañá, de 11.00 a 14.00 horas, e de tarde, de 15.30 a 18.30 horas.

As persoas interesadas en participar poden inscribirse a través dos enderezos electrónicos meira@sindicatolabrego.gal e lugo@sindicatolabrego.gal, ou nos teléfonos 664 58 66 89 e 604 02 78 86.

A iniciativa está financiada polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA).

0.29073405265808