Meira celebra este domingo a Festa do Corpus

As asociacións e o Concello de Meira, así como os pais dos pequenos da zona e máis voluntarios do municipio, celebrarán a festa do Corpus este domingo e colocarán as súas alfombras florais na praza do Concello e a praza do Convento de Meira.
Nesta xornada na que fan as comuñóns os nenos da localidade, aproveitan para facer a procesión polas alfombras, e unha ofrenda nun pequeno altar.
Ademais, as asociacións e o Concello celebran así a Festa de Corpus cun programa que dá comezo coa misa, ás 13.00 horas, seguida da procesión polas alfombras, que estará acompañada pola Banda Municipal de Música de Meira.
Ao rematar haberá unha sesión vermú amenizada polo dúo Primera Línea.