Meira celebra o sábado a Festa dos Coches polo San Cristovo

TerraChaXa
Unha vez rematada a bendición dos coches terá lugar unha sesión vermú a cargo do grupo Lecer
festa-dos-coches-de-san-critovo-meira
Cartel
9 Xul 2024

A Asociación de Comerciantes, Empresarios e Autónomos (Acea) de Meira, en colaboración co Concello, repetirá este ano a Festa dos Coches polo San Cristovo, que terá lugar este sábado, 13 de xullo.

O programa da festa arrincará ás 13.00 horas coa entrega dos agasallos de benvida e ás 14.00 está previsto que se inicie a bendición de vehículos na praza. Este chegarán en procesión desde o Campo do Plantío, onde están citados a concentrarse ás 13.30 horas.

Unha vez rematada a bendición dos coches terá lugar unha sesión vermú a cargo do grupo Lecer para dar paso a unha paella popular para todos o paseo central, na que tamén haberá actividades e xogos para os máis pequenos.

Os choferes terán dereito a unha ración de paella gratuíta.

Entregarase un vale por un importe de 50 euros de combustible en ES O Granxeiro para o mellor engalanado.

0.19133687019348