Meira conmemora o 25N cunha concentración o mércores

TerraChaXa
Meira vestirá de negro contra as violencias este xoves, 25 de novembro. Así, está prevista unha concentración ás 11.00 horas na praza do Concello.
25n meira portada
19 Nov 2023

Meira volverá vestirse de negro contra as violencias este mércores, 22 de novembro en contra da violencia de xénero. Así, está prevista unha concentración ás 11.00 horas na praza do Concello.

Nesta actividade reivindicativa haberá lectura de manifestos e intervencións dos alumnos e alumnas dos distintos centros educativos. Así está confirmada a participación de varios grupos do CEIP Poeta Avelio Díaz, o IES Pedregal de Irimia e dos usuarios da escola de música local.

Ás 11.30 horas está prevista a lectura teatralizada do poema de Elena Mato Villar,

Esta tradicional concentración contra a violencia terá o seu complemento na programación coa proxección do vídeo Dos machismos de cada día, librémonos xa, que se poderá ver no centro sociocultural ás 12.00 horas.

Ao finalizar este haberá un coloquio, previsto para as 12.30 e finalizarán coa actuación dos alumnos e alumnas da Escola de Música.

25n meira
0.19768285751343