Meira contará un ano máis coa súa xuntanza de maiores o día 4

TerraChaXa
A xornada consistirá nunha misa solemne na Igrexa de Santa María de Meira, a partir das 13.00 horas, seguida dun xantar e baile
festa-maiores-meira
30 Aug 2026

A localidade de Meira continúa cunha nova edición da súa Xuntanza de Maiores, que este ano se celebrará o venres 4 de setembro.

A xornada consistirá nunha misa solemne na Igrexa de Santa María de Meira, a partir das 13.00 horas, seguida dun xantar e baile no pavillón dos deportes da localidade.

Como en anos anteriores, recibirán un agasallo o home e a muller de máis idade do termo municipal.

Esta xuntanza está organizada polo Concello de Meira e require de inscrición previa. O último día para anotarse nas oficinas municipais será o día 1. As invitacións deberán levarse o día da festa.

0.14962792396545