Menopausia
Por Noel López Pinín
Ola de novo lectores!
Nesta ocasión vamos falar sobre un estado fisiolóxico que preocupa a moitas mulleres e creo que vos vai a resultar de moita axuda: a menopausia!
Moitas mulleres acuden a miña consulta con medo a engordar en esta etapa da vida, a menopausia é una etapa natural da muller na que se produce una reducción das hormonas sexuais (estróxenos e proxesterona) debido a que os ovarios deixan de madurar óvulos, isto conleva a un ciclo menstrual irregular ata que chega un momento que desaparece e con isto a capacidade reproductiva.
A menopausia pode ocorrer moi cedo sobre os 40 anos, ou na sua idade habitual sobre os 45 - 50 anos, ainda que hai mulleres que poden manter a menstruación ata os 60 anos. Ter uns hábitos saudables vai axudar a retardar esta etapa, comer sano, facer deporte son pezas fundamentáis para así axudarnos a retardar e incluso a mellorar a sintomatoloxía cando dito momento chege, máis adiante falaremos un pouco acerca da sintomatoloxía de este proceso.
Hai tendencia a medicalizar a menopausia como si se tratase de unha doenza, isto é unha etapa natural non é unha patoloxía nin é perxudical para saúde, a menopausia pódese vivir con total naturalidade e alegría.
Vamos a profundizar un pouco máis sobre os seus síntomas, tratamentos convencionais , consellos sobre alimentación para esta etapa e algún remedio natural.
A menopausia non se produce de maneira brusca , sinon progresivamente xa que a menstruación indícalle a muller que vai deixar de ovular, este período denomínase climaterio ou premenopauisa e caracterízase por, menstruacións moi abundantes ou pobres, períodos sin menstruación, desaxustes na menstruación. Considérase que despois de estos síntomas e un ano sin menstruación a muller chegou a menopausia.
Durante esta etapa a muller sofre unos cambios fisiolóxicos debido a falta de hormonas sexuais femeninas (estróxenos e proxesterona) como sudoración, sofocos, irritabilidade, sequedad vaxinal, ansiedade e tamén temos que decir que en esta etapa da vida sempre hai unha predisposición a engordar así como maior dificultade para baixar peso, en esta etapa recomendase reducir un 20% a inxesta calórica para frenar esa posible subida de peso que pode experimentar sobre todo unha persoa a cal non ten uns hábitos saudables.
A medida que estas hormonas van desaparecendo , a parte de producir os anteriores síntomas tamén pode facilitar a aparición de outras patoloxías como poden ser, enfermedades cardiovasculares, diabetes, hipertensión arterial, arterioesclerosis , hipercolesterolemia, outro riesgo importante é a osteoporosis xa que o producirse unha disminución das hormonas sexuais femeninas, prodúcese unha descalcificación ósea .
A alimentación e a actividade física serán un factor clave para evitar todos estas enfermedades.
Esta claro que non hai que esperar a chegar a menopausia para empezar a coidarse, esto xa ten que vir dende a adolescencia para chegar a vellez o mais sanos e fortes posibles e poder ter boa calidade de vida.
Por eso hai que reducir o consumo de graxas saturadas sobre todo as trans (graxas modificadas) , azúcres refinados (bollería industrial, alimentos ultraprocesados) , sal refinada e debemos aumentar o consumo de froitas, verduras, peixe, lácteos , graxas saudables ricas en Omega 3-6 (monoinsaturadas e poliinsaturadas ) procedentes do aceite de oliva virxen extra, froitos secos, aguacate, peixe azul etc.
Estes alimentos son ricos en antioxidantes e son os mellores aliados conta a arteroesclerosis así como frente o envellecemento celular prematuro.
Como dixen anteriormente é fundamental coidarse durante a adolescencia xa que a mitade do capital óseo ádquirese en esta etapa, por eso o aporte de calcio e vitaminaD tanto en adolescencia como en idade adulta será fundamental para chegar a menopausia con unha boa mineralización ósea, por eso temos que asegurar a vitamina D na nosa dieta xa que axuda a absorber o calcio.
Dentro da fitoterapia as plantas máis recomendadas para o tratamento natural da menopausia son: salvia, melisa, ortiga, perexil, maca e alfalfa.
A veces tamén resulta interesante suplementarse con vitaminas eminerais magnesio e calcio. Grazas por leerme, en este artigo contei coa colaboración de Natalia Alonso (alumna en prácticas de nutrición) na miña clínica en Burela.