Mercedes Peón será o prato forte da Romaxe Artesá da Chaira

TerraChaXa
A organización xa presentou o cartel, pero aínda está perfilando a programación, que se coñecerá nas próximas horas
Mercedes-Peon
8 May 2026

O Concello de Muras ten previsto celebrar o día 23 de maio unha nova edición, a décima,  da Romaxe Artesá da Chaira, unha festa na que se busca a reivindicación dos oficios tradicionais e sobre todo a dinamización do medio rural como lugar de creación de vida.

A organización xa presentou o cartel, pero aínda está perfilando a programación, que se coñecerá nas próximas horas e na que figuran moitas das actividades que se celebraron en anos anteriores, aínda que haberá sorpresas tamén este ano.

De feito, Mercedes Peón será a actuación estrela desta décima edición.

Por outra banda, as previsións son que haberá exposición de artesanía, xogos tradicionais, demostracións en directo dos diferentes artesáns, charlas e música. Tamén acostuman facerse obradoiros para adultos e para nenos.

CONSULTA O PROGRAMA

0.13734197616577